Cancillería destaca el rechazo de la Asociación Galego-Bolivariana contra amenazas a Venezuela

El Ministerio del Poder Popular para Relaciones Exteriores de la República, informó desde su cuenta, @CancilleriaVE, por la red social Twitter, el Comunicado de la Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez, en solidaridad con Venezuela desde Galicia, como comunidad autónoma española.

A continuación, el comunicado completo:

Combatamos as mentiras belicistas que o Goberno de Colombia inventa contra Venezuela

Ante a campaña de mentiras, odio e ameazas armadas contra Venezuela de parte do actual goberno de Colombia, e o discurso belicista de Iván Duque, primeiro militante da sumisión do continente Sur aos intereses imperialistas, a Asociación de Amizade Galego-Bolivariana Hugo Chávez (AGABO) reclama a atención solidaria das forzas democráticas galegas para denunciar as falsedades argüidas polo actual goberno de Bogotá en busca dunha causa de guerra. Duque quer levar toda América a unha situación bélica co obxectivo de traspasar a intereses imperialistas os recursos do continente e lograr o embargo dos dereitos nacionais e democráticos que resisten efectivamente o saqueo.

AGABO invita a todas as persoas e organizacións políticas e sindicais de Galiza a erguer a protesta contra a conspiración pro-imperialista do actual goberno de Bogotá e defender públicamente a Venezuela, directamente ameazada, e a Latinoamérica, desesperadamente cobizada polo imperialismo nunha carreira belicista que ten como fin reparar a ruina histórica da súa economia fundada sobre a mentira, a predación, o bloqueo e a intervención armada.

AGABO, implicada na defensa democrática de Venezuela dende 2012, promete publicidade efectiva para todas as mostras de solidariedade recibidas a traveso do enderezo agabo.hcm@gmail.com

Galiza, 12 de setembro de 2019

Prensa Digital MippCI

Send this to a friend